Burela-In… como crear economía e restaurar o patrimonio mariñeiro

Este proxecto, no que participan varias entidades, recolle o acondicionamento do muro da antiga conserveira de Burela para crear unha obra de arte.

Integrantes do proxecto Burela-In / Faro Norte

O Concello de Burela vén de recibir a resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo. BURELA INCLUSIVA E INNOVADORA promoverá a economía circular co sector pesqueiro grazas a este proxecto bianual de 54.001,10 euros financiados ao 100%.

A concelleira de Servizos Sociais e de Mar, Carmela López, promotora do proxecto, destaca que, dentro deste proxecto, hai varias actividades programadas, como obradoiros terapéuticos nos que se elaborarán produtos artesanais que terán como base do deseño as redes.

Tamén haberá programas de sensibilización ambiental nos que se creará unha mostra itinerante e un obradoiro de creación artística que culminará co acondicionamento do muro da antiga conserveira de Burela, situado na entrada ao porto. “Neste caso a través dun concurso preténdese crear unha obra de arte que engada valor á nosa vila”, dixo.

A Federación Galega de Confrarías e en especial a Confraría de Burela, a Fundación Expomar, a Asociación de Redeiras Cabo Burela, a Fundación Eu Son, a Asociación de Axuda ao enfermo mental da Mariña, a Asociación A Mariña Sen Plástico e o Concello de Burela están xuntos nun grupo de traballo que promove a inclusión social, a conexión co sector pesqueiro, a promoción turística da vila e pretende consolidar unha sociedade máis educada ambientalmente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here